14/9/08

EL QUE TEÑA TOS.....QUE TUSA


El que teña tos... que tusa. Eso era o que poñía a camiseta dun neno que o venres pola tarde se achegou ao Náutico de Ribadeo co seu avó. Simpática frase na que se poden ver as influencias do galego na veciña Asturias e ese xeito de falar que caracteriza aos do outro lado da ría. Toses hai moitas estes días porque con tantos cambios de temperatura, tanto sol, tanta tormenta e tantas subidas e baixadas do termómetro fan que algúns xa estean co pano no nariz e a estornudar continuamente. Un consello: mel con limón e si tal un carajillo de augardente ou whisky e ao día seguinte coma novos.
Desde o Náutico de Ribadeo, onde acudimos o venres a tomar un café antes de marchar para Lugo, puidemos ver a saída dun de tantos mercantes que chegan e parten de Ribadeo (na foto) e ao que seguimos despois ata a Illa Pancha. Había moitos turistas, por certo, facendo fotos na zona aproveitando o temporal no mar e as ondas que rompían contra a propia illa.
Da fin de semana gastronómica que pasamos en Lugo falaremos un pouco máis tarde. Na miña cidade natal están de "Tapeo" estes días e xa nos demos unha volta por varios bares e restaurantes para degustar as exquisitices que se preparan. Ata 0 28 ainda hai tempo de achegarse a Lugo e cear a base de máis tapas das xa habituais.

No hay comentarios: