Despois dunhas vacacións de verán máis longas que en anos anteriores, hoxe voltei ó traballo en Onda Cero e saquei adiante a primeira edición da nova temporada de "A Mariña en la Onda", o programa adicado á información local e comarcal que emitimos no 102.3 da FM. Como é habitual os luns, e tamén os xoves, tivemos tertulia, hoxe con Ana Hermida, Farruco Graña e Ramón Acuña, que tiveron intervencións xugosas, interesantes e por momentos divertidas falando das dúas piscifactorías que se proxectan na costa de Ribadeo e tamén do balance do verán.
A nova do día hoxe foi o convenio que asinaron este mediodía na Casa do Concello ribadense o conselleiro de Industria, o bispo de Mondoñedo-Ferrol e o alcalde de Ribadeo para construir un gran albergue de peregrinos no edificio do antiguo colexio das monxas que está na rúa Trinidade, no casco vello ribadense.
E mañá será outro día no que seguirei currando para intentar conseguir os dous principais obxetivos de "A Mariña en la Onda": que os ointes estean ben informados do que ocurre máis cerca de nós e que pasen un rato agradable escoitando Onda Cero de doce e media a dúas da tarde. Nada máis e nada menos.
15/9/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario