12/9/08

EXPENDEDOR DE NÚMEROS

Preparámonos para pasar a fin de semana en Lugo, despois de preto dun mes máis ou menos, ao marxe da visita relámpago de onte, como diría Arévalo, "para resolver cuestiones de estado"... Onte á tardiña despois desa viaxe ainda houbo un pouco de traballo que se prolongou ata preto das dez da noite, pero para iso estamos en Faro Norte Comunicación.
E hoxe tocóume madrugón para facer unha analítica rutinaria no Centro de Saúde de Ribadeo. E téñolles que pedir aos responsables sanitarios de Galicia que por favor envíen un expendedor de números a este centro, porque resulta que a ti cítante ás 08:36 da mañá, pero ás 8 pouco máis ou menos pasan lista e senón estás pois o que foi a Sevilla perdeu a silla e despois vas cando cadre. Digo eu que si me citan para esa hora e ninguén me di que teño que persoarme ás 8 porque van pasar lista.... eu non teño porque sabelo e o resto dos usuarios tampouco. Alí hoxe todos nos queixamos do mesmo, da mala organización do servizo, que non sei eu de quen será culpa. En Lugo, na Coruña.... en Burela.... ou te chaman polo nome despois de entregar o volante ou colles un número coma na praza e entras cando che toca, e así ninguén se cola, nin se lía nin nada de nada. Ao mellor hai que pedirlle ese expendedor de números aos Reis Magos. Vou ir escribindo a carta con tempo.

No hay comentarios: