12/9/08
RÚA PEONIL CON MÁIS COCHES QUE PEÓNS
Onte á tarde (11-S, que foi o cumpleanos de Suso Cabarqués e doutras cousas menos agradables) fixemos unha visita relámpago á capital da provincia e comprobamos, unha vez máis, que en Lugo hai un rúa peonil, a do Progreso, na que nalgúns momentos hai máis coches e furgonetas que viandantes. É habitual a continua circulación de vehículos pola rúa do Progreso, pero o de onte ás cinco e pico da tarde era escandaloso, pola gran cantidade de turismos, e sobre todo furgóns e furgonetas, que había aparcados e circulando por alí e algúns a unha velocidade excesiva. Debería controlarse moito máis o paso de vehículos polas rúas peonís ou suprimilas, para evitar riscos para os viandantes. Pero cada vez máis en Lugo, como ocurre noutros concellos da provincia, parece que todo o relativo ó tráfico e a seguridade cidadá estase controlando bastante pouco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario