30/9/08

FINALMENTE NATACIÓN

Hai uns días que leín no xornal que baixou a matriculación na Escola de Idiomas de Ribadeo, e non me estrana, porque eu que tiña intención de facer algo este ano non din feito cos horarios para compatibilizar o meu traballo cos idiomas que me interesaba facer. As clases son de hora e media tres días á semana e os horarios ou son moi cedo ou moi tarde... entón decantéime pola piscina. Alí iremos Sonia e máis eu mañá pola noite a nadar (a intentalo polo menos)... é máis saudable, máis barato e teñen máis flexibilidade horaria que na Escola de Idiomas. Algo que me parece tamén incrible deste centro é que non imparta clases de galego tanto para os que somos de aquí e queremos perfeccionar e mellorar a utilización desta lingua coma para todos os que veñen de fora e que por cuestións laborais teñen que entendelo, escribilo ou falalo. Veremos si o vindeiro ano máis sorte.
Polo demáis segue o bó tempo en Ribadeo (hoxe sí, porque onte a temperatura era agradable pero estivo nublado) e os turistas seguen por aquí. Atopamos a varias parellas facendo fotos na Praza de España, a outros paseando pola rúa Deputación e a uns ingleses tomando o té na terraza do Cantón acompañado duns sandwiches. Alí coincidimos co Cabarqués (o pai de Suso, o noso amigo) que se recupera da pequena intervención cirúrxica á que foi sometido. Mañá máis.

No hay comentarios: