Hoxe inaugurouse o tramo da autovía do Cantábrico que vai dende Barres (Asturias) a Ribadeo pasando pola Ponte dos Santos, que curiosamente mantén as beirarrúas, algo moi pouco habitual nunha autovía aínda que están separadas da calzada por un valado metálico. O novo treito foi posto en servizo coa presencia de numerosas autoridades, pero a obra está sen rematar. Por exemplo está sin adecentar a área de descanso que hai no extremo asturiano da ponte e faltan algúns traballos máis. Entón, ¿por que houbo tanta presa en inaugurar ese tramo da autovía cando no último anuncio de remate das obras falaban de poñelo en servizo en decembro?
Agora din que se abriu con tres meses de adianto, pero xa debería estar rematada a obra moito antes, segundo as previsións que se fixeran públicas cando empezaron os traballos.
O mellor de todo é que no acto de hoxe anunciouse que outro treito da autovía do Cantábrico na Mariña luguesa (o de Reinante a San Cosme de Barreiros) abrirá ó tráfico no vindeiro mes de novembro. Esperemos que se cumpla esa previsión, porque vaise notar moito cando non teñamos que usar a Nacional 634 ó seu paso polo concello barreirense, que é un auténtico sufrimento.
1/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario