8/9/08

FOGOS E FRÍO


O domingo pola noite Ribadeo estaba de novo colapsado de xente e de coches... Foi un dos días grandes das festas e pola noite fomos ver os "Fogos do 7". A cita foi no porto. O espectáculo de pirotecnia estivo moi ben, reuniu a centos de persoas a un e outro lado da ría, pero o que non acompañou moito foi o tempo porque os termómetros marcaban ás doce da noite uns 15º, pero había unha brisiña que pelaba. Algúns metéronse no coche para non coller un resfriado xa a estas alturas do ano.
Pola mañá achegámonos ata a praia de Penarronda (Asturias). Sinceiramente está preciosa. Había moito tempo, máis ben moitos anos que non íamos por alí e está fenomenal para ir xantar nas inmediacións da praia e para subir ata a capela que hai alí próxima porque as vistas son moi bonitas. E pola tarde, tamén visitamos outra praia a que (polo menos eu) tamén había moitos anos que non me achegaba a dos Castros (Ribadeo) para aproveitar unha hora e pico de sol despois dunha máis que copiosa comida de festa. ¡Estes días están a ser terribles para os estómagos!!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia, para un dia que non vou ós castros ides vos, eu fun a bañarme á Anguieira ó mediodia, a verdade e que se estaba alí de maravilla, e ainda que pareza mentira era a primeira vez que ia, a verdade e que fixo un dia estupendo, supoño que estes dias poderedes seguir disfrutando da praia.