21/9/08

NECESITA MELLORAR


Necesita mellorar era unha das calificacións que se lles poñía aos nenos no colexio hai uns anos, non sei si se segue a empregar xa na actualidade. Pero iso é o que lle pasa ao CB Breogán. Hai cousas que cambiaron con respecto á pasada temporada, coma que baixaron un pouco os prezos dos abonos; que melloraron e moito a súa páxina web (algo que xa deberían ter feito cando se atopaban na ACB) e incluso puxeron a un guardia de seguridade a controlar a entrada na zona VIP, onde os abonados pagan polo seu asento 270 euros, porque antes calquera podía colarse para aquela zona, na que había auténticos expertos. Eu penso que sería mellor poñer a dúas azafatas durante toda a temporada, a unha en cada porta desas e que acompañasen ás persoas en cuestión ata os seus sitios.... en lugar dun guardia que se volve tolo para controlar as dúas portas de acceso a esa zona. E unha cousa que non se pode producir en calquera clube serio que se precie é que un xogador que xa leva preto dun mes en Lugo, un dos xogadores importantes deste ano, saia á pista no primeiro partido oficial sen o seu nome na camiseta. Por todo iso e algunha cousa máis digo que necesitan mellorar, por iso ademáis de criticar propoño algunha solución, porque con tanto cargo e organigrama novo alguén terá que estar pendente dos grandes e dos pequenos detalles. O mellor: que o Breogán lle gañou ao Vic o venres sen facer grandes cousas, porque a plantilla ainda non está conxuntada de todo, e o show que sempre monta Paco García cando algún xogador mete a pata. Propóñolle a Buenafuente que o leve para o seu programa, é un grande actor. Ogallá o Breogán ascenda á ACB este ano, pero para iso ainda quedan 33 partidos.

No hay comentarios: