20/9/08

VÍCTOR DA MORTEIRA

Ós 91 anos rematou onte a intensa vida de Víctor Álvarez Lenza (Víctor da Morteira), un ribadense ó que coñecín en dúas etapas moi distintas para min (e para el).
Cando eu estudiaba no instituto de Bacharelato de Ribadeo (hoxe IES Dionisio Gamallo Fierros) Víctor era bedel nese centro e lembro que cando facíamos unha trasnada pedíanos o número, sempre moi serio, o que facía que lle tiveramos bastante respeto, casi medo.
Anos despois volvín atoparme con el, cando eu xa estaba traballando nos medios de comunicación (concretamente na Cope) e Víctor era un dos promotores e organizadores do Antroido ribadense, que vivía con gran intensidade, disfrutando a tope. Era habitual velo abrindo os percorridos das charangas polas rúas da vila. Non era o Víctor serio que traballaba de bedel no instituto, era un tipo tremendamente simpático e divertido, sobre todo cando falaba cos seus peculiares acentos portugués ou mexicano. Daba envexa velo con tanta vitalidade a pesar da súa avanzada idade.
Por todo isto, a pesar de que nos últimos anos non tiñamos contacto algún e só o atopaba pola rúa de cando en vez, onte entristeceume enterarme do seu falecemento ó ver ó seu fillo e a outros familiares no tanatorio.
Víctor será enterrado hoxe en Ribadeo. Descanse en paz.

No hay comentarios: