2/9/08

O VERÁN VÁISE


¡Cómo pasa o tempo de rápido! O verán é coma un suspiro, coma un abrir e pechar de ollos.... cando te das conta xa non está. Os últimos días do mes de agosto, polo que ao tempo se refire, foron bastante tristes, moi grises e moi chuviosos. Algúns animámonos o domingo a achegarnos á praia de Coto (Barreiros) e grazas que levamos un paraugas que despois tivemos que empregar para sair correndo do areal, pero pola tarde coma tiñamos gañas de sol e Lorenzo decidíuse a sair estivemos en Altar disfrutando da praia cáseque baleira e do cheiro que desprendían as moitas algas acumuladas na orilla e que a min particularmante me encanta.
E despois tocou achegar á familia ata Lugo, e ainda que o desprazamento non foi grande, véuseme á cabeza aquela canción do Dúo Dinámico que moitos coñecemos grazas á serie Verano Azul e que di algo así coma que "El final del verano llegó y......." Podedes seguir tarareándoa os que leades o blog ou buscar incluso unha mellor que describa o que estou a contar.
Atrás quedan moitas comidas e ceas coa familia e cos amigos, pero outras máis virán agora que se achegan por unha parte as festas de Ribadeo (esta fin de semana) e despois o San Froilán.... ¡Ah! E onte houbo visita a Burela da que xa falará máis tarde Beni.

No hay comentarios: