3/10/08

CHOVE EN RIBADEO

Seguimos por aquí, hoxe vendo como chove en Ribadeo, ainda que fai uns minutos había sol. O verán agora sí que xa se foi e chegou o outono máis fresco que outros anos e de momento un tanto chuvioso. Agora teremos que cambiar as mangas curtas e os tirantes polas camisas de manga longa e case, case polos xerseis e os abrigos, os calcetíns gordos e as medias. Ainda comentaba eu, creo que onte, con Neves Cando que tentaría seguir ata finais de mes co calzado de verán ou co de inverno sin poñer medias, pero xa non sei si aguantarei ¡Unha mágoa!!!!
Eu agardo que deixe de chover para que os de Lugo e os que visiten a miña cidade poidan disfrutar dunhas festas do San Froilán en condicións e non pasadas por auga. Hai que ver mañá a Julieta Venegas, hai que darse unha volta polo feiral e hai que ir a comer o pulpo. Esto último poderán facelo os que estean mellor do estómago ca min, porque levo desde o mércores cunha especie de gastroenterite ou virus que me ten a líquidos e a dieta branda desde entón. Haberá que poñerse ben pronto para ver si alá polo 12 de outubro (Domingo das Mozas) poido tomar o pulpo. Esta doenza foi a que fixo que o mércores non puidera estrearme na piscina, pero teño xa todo listo para o luns.

No hay comentarios: