Xa chegou a auga á Mariña. Pola noite creo que choveu máis que durante o día, ainda que o ceo está gris e plomizo, pero a temperatura ás seis da tarde era de 17º en Ribadeo, ousexa que non está mal. Sempre conto o tempo que fai porque teños amigos en Madrid, coma Marian, Jose ou Carmen que len de vez en cando este blog e imaxino que lles gusta saber que pasa por aquí. Choven auga e noticias estes días por aquí. En Ribadeo estes días fálase de ácido sulfúrico, si, si... dos depósitos localizados na antiga fábrica de algas na Vilavella, onde os propietarios da empresa que pecharon hai máis de quince puideron deixar máis de 3.000 litros dese producto. Agora os terreos son do Concello que llos cede a Costas para realizar un paseo marítimo e entón terá que buscar unha solución a esta situación. De momento están tapiando os accesos para que non se produzan actos vandálicos ou similares. E estes días vaise falar de novo en Ribadeo do ex alcalde socialista, Pérez Vacas, que lle reclama ao Concello os 13.000 euros que deixou de cobrar cando a finais do anterior mandato a oposición que formaba o PP e un ex socialista (Santiago Fernández-Reinante) decidiu quitarlles o soldo ao rexedor nese momento e ao tenente de alcalde. Un deles decidiu reclamar o que pensa que é seu e o outro non. Cada quen que saque as súas propias conclusións. Tamén se vai falar e bastante do famoso caso das dietas da Deputación Provincial na era de Francisco Cacharro, caso que salpicou ao por aquel entón vicepresidente da institución e ex alcalde de Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina. Agora bastantes anos despois a Audiencia de Lugo decide o sobreseimento e o arquivo do caso, ainda que o dano político e persoal xa está feito e eso non hai cartos nin persoa que o pague.
O da xustiza é terrible. Onte alucinei vendo na televisión que un rapaz saiu do cárcere creo que en Cataluña onde pasou dous anos coma presunto autor dun crime que agora din que non cometeu, e eu pregúntome ¿quén xulga aos que xulgan sen teren probas suficientes e condean deste xeito? ¿quén vixía aos inspectores do que sexa? Se alguén me pode respostar que o faga porque con casos coma estes unha cabréase moito.
16/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario