16/10/08

GLAMOUR NA CORUÑA

Unha mágoa non estar estes días na Coruña para ver a un dos meus actores favoritos: Antonio Banderas, a unha cantante coma Luz Casal ou a outra actriz moi boa para min: Marisa Paredes. A Coruña ou La Coruña ou mellor Coruña (a secas) recuperou estes días todo o glamour que conseguiu noutras ocasións grazas en parte ó embaixador de España no Vaticano: Francisco (Paco) Vázquez. Seguro que está máis apenado ca min por non estar ahí de co-anfitrión. E Melanie paseando como din os que a viron coa cara lavada pola rúa Real e mercando un abrigo que moitas copiarán a partires de agora. Coruña is fashion. Non está Paco Vázquez pero está César Antonio Molina para barrer para a casa, porque si o ten que facer Javier Losada mal iamos andar. Nin ten glamour nin nada de nada o home, pero leva escolta coma facía o seu antecesor... Antes estaba á súa sombra e agora reloce soíño. Hai cousas que se pegan, pero outras nacen con un. Animais políticos coma Paco Vázquez, Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga, ou Ibarra, ou Pujol, ou Arzalluz que sempre che daban un titular falaran do que falaran xa non quedan. Agora son todos máis grises, máis pacíficos, máis encorsetados... e encima están todo o día coma as cadeas de televisión contraprogramados. Pero isto mellorará co paso dos anos, agardo.

No hay comentarios: