Hoxe fomos ó circo en Lugo coa nosa afillada, Andreíta, e coa sua nai, Mari. O espectáculo, que anda de xira co nome de Eurocirco, estivera a principios deste mes en Ribadeo e non está mal. Vímolos moito peores, pero tamén mellores. Ten algúns números novidosos, ó que non é nada habitual nos circos que veñen por esta zona. Coidan os detalles, como o vestuario dos artistas e a atención ós espectadores, pero está máis pensado para maiores que para nenos pequenos.
Esta fin de semana tamén tivemos un par de ceas. O venres estivemos en La Solana (Ribadeo) con Sonia e Miguel. Levábamos moito tempo sin comer nese restaurante, que está no porto ribadense, e mereceu a pena, porque mellorou bastante. Tódolos platos que eleximos estaban bos, sobre todo as tostas con cecina, foie e compota de mazá, pero tamén me gustou o salteado de verduras con gambas e o solomillo á plancha. De postre tomei xelado de chocolate con licor café, que non ten moito mérito facelo pero estaba rico. E o servizo estivo moi ben, porque a camarera (coñecida de Sonia e Miguel) é profesional e agradable.
E o sábado ceamos en Lugo con Nuria nun establecemento novo para nós, porque xa leva algún tempo aberto pero nunca estivéramos alí, aínda que Carmen coñece ó propietario: José Ramón Rozas. O restaurante chámase La Casa del Marisco e a relación calidade precio é boa. O marisco non é do mellor que se pode comer na provincia, pero está ben preparado e resulta asequible. Comimos un pouco de casi todo: camaróns, percebes (moi pequenos), nécoras (pequenas), nocro, zamburiñas, ameixas, navallas (moi pequenas), cigalas, langostinos e gambas. Algúns eran cocidos e outros á plancha. De postre eu tomei un flan caseiro, que estaba moi bon. Bebimos dúas botellas dun bon viño alvariño Rías Baixas (non lembro agora o nome) e costounos 103 euros. En definitiva é un bon sitio para comer marisco sin grandes pretensións e pagando pouco.
19/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario