A primeira imaxe que poden ter os que visiten Lugo e decidan aparcar o seu coche no párking da rúa do Teatro é bastante mala. En plenas festas do San Froilán o ascensor non funcionou durante varios días, entón os que ían con nenos e carriños tiveron que baixalos ao lombo e esta fin de semana (e a min xa me pasou varias veces) os baños estaban feitos un desastre, cheiraban e moito e penso que levaban sin limpalos varios días. Non había papel hixiénico e a cisterna do baño das mulleres non funcionaba. Todo moi hixiénico e moi pensando para vender unha boa imaxe de Lugo. Co que se paga por aparcar o coche nos aparcadoiros deste tipo, ven podían ter todo en orde: o ascensor, a limpeza, etc, etc... Non estaría de máis que as inspeccións deste tipo de instalacións fagan ben o seu traballo, e que o Concello de Lugo esixa tamén uns mínimos e vele polo bó funcionamento de todo isto. E senón teñen os baños en condicións é mellor que os pechen, porque non son baños públicos, senón que son utilizados polos clientes do aparcadoiro, que xa digo pagamos e ben para poder recibir uns mellores servizos.
Por certo que hai uns días falaba eu aquí das obras que se están a realizar na estrada N-640 entre A Pontenova e Meira... eu dicía que ían moi lentas, pois sí. Leín no Progreso que as parou Fomento porque non estaban ben sinalizadas e pola gravilla que hai solta na estrada. A medida pode estar ben, pero as areas e as pedras seguen na carretera e de cando en vez che causan máis dun susto ao saltarche ó parabrisas ou á carrocería do coche. E ademáis de noite, coma ese tramo está sen pintar, hai que ir moi pendente de non sairse da estrada. Eso nun día normal, sen néboa, sen chuvia... non sei qué pasará nese vial en canto chegue o mal tempo.
20/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario