16/10/08

MIGUEL VIZOSO E RODRIGUEZ ANDINA

Hoxe comimos no Cabazo co cociñeiro (entre outras cousas, porque é polifacético) Miguel Vizoso, que xa deixou de traballar no Restaurante Figón, de Lugo, e agora vai dar moito que falar por esta zona, concretamente en Ribadeo. No Cabazo empezamos coas súas famosas ameixas á plancha, pero hoxe non estaban tan ben como outras veces. Despois tomamos unha parrillada de verduras, que estaba ben feita e con moita variedade de productos: cogumelos, champiñóns, espárragos blancos, tomates e calabacín. De segundo plato eu comín merluza á plancha, que era un bo trozo da ventresca e estaba boa. Rematamos con un surtido de postres.
Tivemos que rematar a comida con algo de presa, porque eu fun á rolda de prensa que deu o ex vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e ex alcalde de Ribadeo, o popular José Carlos Rodríguez Andina. Moi emocionado, Andina anunciou que a Audiencia Provincial arquivou o caso das dietas do que fora acusado polo famoso fiscal Jesús Izaguirre hai cinco anos. O auto xudicial di, entre outras cousas, que Andina non cobrou dietas da Deputación de máis, senón de menos. Agora o ex alcalde de Ribadeo estudia reclamar danos e perxuicios. Si a xustiza fora xusta non debería facer falta que pedise nada, alguén debería actuar de oficio e investigar porque Andina (e outros moitos, como o ex alcalde de Mondoñedo, Luis Rego) tiveron que pasar por ese trance durante cinco anos.

1 comentario:

gigi dijo...

Supoño que ainda que Miguel abandoara O Figón,este seguirá mantendo unha boa cociña, porque senon a tua lista vaise ver disminuida moito estos tempos, segun puiden ler por ahí a final de mes cerra a Coruñesa 2, parece que por xubilación do propietario, creo que o sentiredes ou sentiremos, porque é un dos sitios onde se come moi ben.