13/10/08

COMIDA CO DIRECTOR XERAL DE TURISMO

Hoxe foi un día intenso, porque ademais do traballo habitual, tiven que desplazarme a Foz para participar nunha comida co director xeral de Turismo, Rubén Lois, co asesor da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Ramón Ermida, e con colegas dos medios de comunicación implantados na Mariña. Ademais de Onda Cero, estaban representados a Ser, El Progreso e La Voz de Galicia. Mereceu a pena, porque foi un xantar agradable e por momentos divertido. Tamén me serviu para comprobar que o director xeral de Turismo é unha persoa próxima, que sabe do que fala, que escoita, que ten boas ideas e que coñece ben A Mariña, aínda que me parece complicado que logre a curto plazo os obxetivos que pretende para a promoción desta zona, sobre todo no que se refire a implicación do sector privado.
A comida foi no Leyton e de primeiro houbo ameixas e de segundo rape e mero á plancha. Rematamos con un surtido de postres. O servizo foi moi bon e o peixe estaba moi rico e ben preparado.
En definitiva, foi unha experiencia positiva, aínda que a min góstanme pouco as comidas de traballo.

No hay comentarios: