13/10/08
DESFILE COÑAZO
Que un político coma Mariano Rajoy esta fin de semana ou Pepe Blanco hai uns meses se atrevan a falar de desfiles coñazo ou de nomeamentos no CETAL cando cren que ninguén os escoita ainda que teñen un micrófono diante deles di bastante de ámbolos dous. Coas tablas que se supón que teñen, parece mentira que os poidan coller nun renuncio deste tipo. Hai cousas que os unen: ós dous lles pasou en Galicia, a Rajoy na Coruña e a Blanco na Pontenova. Nos dous casos foron os seus equipos de son os que tiñan os micrófonos abertos permitindo que os medios de comunicación se enterasen de dúas conversas privadas que precisamente afortunadas non foron. Haberá que decirlles a eles e ó resto de políticos e de persoas que algunha vez se atopen diante dun micrófono, xa sexa nun acto público, nunha emisora de radio, nunha televisión... onde sea que non digan nada do que logo se poidan arrepentir. Algo así lle pasou non hai moito a Zapatero en Cuatro ó remate dunha entrevista que lle fixo Gabilondo. Ninguén está libre de que lle ocorra algo así, pero os responsables deses equipos de son tamén deberían de estar máis atentos e facerlles unha indicación ós seus "xefes" do momento no que están no aire. Tirón de orellas para os políticos, pero tamén para os que traballan á súa beira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario