22/10/08

MÁIS DE BAÑOS


Hai un par de días que non paso por aquí. O luns fixo un día fantástico en Ribadeo, un día primaveral con boas temperaturas, con surfistas e algunha xente nas praias e cunha imaxe preciosa nas inmediacións da ría de Foz. Contei desde a ventá do Moby Dick ata 32 pequenas embarcacións que estaban a pescar aproveitando que o mar estaba coma un prato. Despois retorno a Ribadeo para ir á piscina. Paseino fenomenal, porque hai unha semana cansábame moito, pero o luns toméino con calma e moito mellor. Hoxe máis. E onte coma xa contou Beni fomos de viaxe a Lugo. Mentras él estaba de reunión eu funme de cafés e compras coa miña cuñada e cos meus pais, ainda que a miña nai que hoxe cumpre 72 primaveiras anda estes días un pouco pachucha, pero coma di o meu pai en breve estará coma un reloxio dos bós (agardo). E en Lugo atopéime con outra estampa máis coma a da fin de semana. Ir a unha cafetería en pleno centro da cidade e atopar os baños sucísimos paréceme polo menos para contalo. Falo da cafetería San Marcos, un sitio acolledor, onde o trato é bó, e un lugar polo que pasan cada día centos de persoas... ¿qué menos que limpar os baños varias veces ao día? Eu estou en plan moi crítico con todo, ousexa que cousa que atope por aí mal, aquí o vou contar e as que estean ben tamén.
Hoxe, por certo, para os amigos que nos seguen desde Madrid, por aquí vai moito frío, en dous días as temperaturas baixaron coma 9º, hoxe non chegamos aos 15. Onte choveu moitísimo aquí e en Lugo, e hoxe chove menos pero o día esta feo. Pero non nos imos queixar, mellor aquelo de "al mal tiempo, buena cara".

No hay comentarios: