21/10/08
XUNTANZA EN LUGO
Neste día pasado por auga, con chuvias moi intensas nalgúns momentos, tiven que viaxar a Lugo para unha xuntanza de traballo co director rexional de Onda Cero, a xefa de informativos en Galicia e os compañeiros da emisora da capital da provincia. Comprobei que as obras no tramo da Pontenova a Meira na estrada Nacional 640 seguen paradas e por iso o aslfato nese treito cada vez está peor e resulta máis perigoso circular por ese vial. Espero que se cumpla o anunciado e no mes que ven abra ó tráfico o tramo Reinante-San Cosme de Barreiros da autovía do Cantábrico, porque cambiaremos de percorrido nas nosas frecuentes viaxes a Lugo, que despois faremos pola Cruz da Cancela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario