25/11/08

CAIXEIROS E PANGA

Hoxe voume ocupar de dúas alertas, unha económica e a outra alimentaria. Empezo polos cartos, neste caso os que nos quitan nos caixeiros de Caixa Galicia que hai en centros comerciais, como ocurre no de As Termas, en Lugo. Cada vez que sacas diñeiro neses caixeiros, incluso utilizando unha tarxeta de Caixa Galicia, cobran medio euro. Eu coñezo a unha persoa que picou i eu estiven a piques pero finalmente anulei o pedido, como dicía un popular ribadense coñecido como O Serranillo. Pensei que era unha fallo do caixeiro, pero estaba equivocado, como acabo de comprobar ó ler a noticia sobre este asunto que publica hoxe o xornal La Voz de Galicia. Con estas e outras decisións algunhas entidades financieiras parece que están empeñadas en obrigarnos a gardar os cartos no colchón.
E a alerta alimentaria ten que ver con un peixe de río chamado panga, que sorprendentemente seguen vendendo nalgúns supermercados desta zona e servindo en comedores escolares, a pesares das advertencias sobre a dubidosa salubridade dese alimento que se produce en Vietnam. Como se non houbera outros moitos peixes para comer que ofrecen garantías, están frescos e moi ricos e ademais son capturados polos nosos barcos.

No hay comentarios: