30/11/08

DÚAS BODEGAS XUNTAS

Xa comentei outras veces que na capital da provincia hai moitos sitios onde se come ben e por iso cando abre un novo establecemento ten que ofrecer un bó nivel se quere triunfar. O sábado ceamos nunha nova bodega, que se chama Los Infantes i está ó lado da xa tradicional Bodega de Pedro, onde precisamente comemos ese mesmo día.
A comida, cos pais de Carmen, estivo moi ben, porque eu atrevinme cos impresionantes callos con garbanzos da Bodega de Pedro e despois tomamos troitas con xamón, que tamén estaban boas.
A cea, con Nuria, tampouco estivo mal, aínda que Los Infantes non chega, polo menos de momento, ó nivel da Bodega de Pedro. O trato do persoal é amable (pode que incluso demasiado) e a táboa de embutidos e queixos que comemos estaba bastante ben feita e con bós productos, pero non podo decir o mesmo da ración de raxo con patacas fritas nin do surtido de postres. Tamén probamos un viño de Amandi que non coñeciamos e gustounos. O precio é económico, pero fáltalle moito para achegarse ó nivel da Bodega de Pedro. Por certo, nesta nova bodega lucense vimos e saudamos ó senador do PSOE i ex concelleiro en Cervo Luis Ángel Lago Lage (tamén coñecido como Lucho).

No hay comentarios: