5/12/08

VIVENDAS EN RIBADEO E VIVEIRO

En Ribadeo e Viveiro están estes días de actualidade asuntos relativos a vivendas. No municipio ribadense ninguén quere vender ó Concello un piso ou casa con destino a residencia para unha familia xitana que está na última chabola que queda na vila. ¿Será por racismo ou haberá outros motivos? Este tema deu bastante que falar onte na tertulia de Onda Cero A Mariña na que estiveron Ana Hermida, Azucena González e Pablo Mosquera, que opinaron sin pelos na lingua e incluso mollándose con manifestacións que algúns poden considerar que non son políticamente correctas pero que comparte moita xente.
Nesa tertulia radiofónica de onte tamén se falou moito da veciña de O Celeiriño (Viveiro), Dolores Prieto, que segue na súa casa sen auga nen luz porque considera inxusto que o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, lle obrigue a irse da súa vivenda sen resolver previamente un problema grave no que os veciños do Celeiriño son víctimas, non culpables. O raro é que non se unan máis deses afectados e adopten medidas de protesta como a de Dolores Prieto, ou outras accións, para reclamar que os responsables da desfeita lles amañen xa o que lles estropearon.

No hay comentarios: