O domingo estivemos no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, vendo unha representación da compañía Teatro do Atlántico, concretamente a obra "A bombilla máxica". Gustounos pero pasamos bastante frío, porque durou máis de dúas horas e no auditorio non funcionaba a calefacción. Moitos dos espectadores (había moito público) tiveron que botar man dos abrigos durante a representación.
Un dos actores, Daniel Lago, é fillo dun vello coñecido: o político socialista Luis Ángel Lago Lage, que hai anos foi concelleiro en Cervo e agora e senador e secretario xeral do PSOE na provincia. Lucho estaba no auditorio vendo a actuación do seu fillo e a do resto dos actores de Teatro do Atlántico, entre os que están dous que participan na serie da TvG "Libro de familia": Lucía Regueiro e Gonzalo Martín Uriarte.
Falamos con Lago Lage antes de empezar a representación e contounos o sacrificada que é a vida dos actores de teatro xóvenes, como o seu fillo, que acaba de cumplir 18 anos. Eu xa vira a Daniel Lago hai uns anos na serie da TvG "Terra de Miranda", pero non sabía que era fillo de Lucho.
3/11/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario