15/12/08

ESTAMPA DE NADAL

Como contei antes onte nevou en Lugo e eu disfrutei da paisaxe e da mañá que pasei coa nosa afillada. No salón: ventanal grande e os copos brancos caendo sobre a cidade. No sofá: unha madriña (eu) léelle o conto dos tres porquiños á súa afillada (Andrea) coas panxoliñas de fondo e coas luces da árbore de nadal bailando ao noso compás. Sinceramente non hai como ser neno para disfrutar destas datas. Cando van pasando os anos moitas veces dis ogallá estes quince días rematen canto antes, porque en definitiva e analizándoo friamente son as festas do consumismo por excelencia e tamén da hipocresía... ¿cántos brindis se fan estes días nas empresas, nos centros de traballo entre xente que ao mellor nin se leva ben ou con xefes aos que non lles tes nin o máis mínimo aprecio? No nadal ao final nalgún momento ou noutro todos acabamos por poñernos a máscara da hipocresía, da suposta amabilidade, da solidaridade... e acabamos actuando igual que todos os demáis: soriso de orella a orella, brindis e feliz aninovo, pero despois cando chega o 2009 todo segue igual, deixamos as máscaras na casa e voltamos a ser como eramos no 2008 ¿mereceu a pena o esforzo? Alá cada quen. Eu quédome coas estampas e coas persoas, o cinismo imos deixalos para outros.

No hay comentarios: