15/12/08

VAI MOITO FRÍO


Vaia fin de semana que vimos de pasar en Lugo, con granizo, neve e moito frío. O sábado a mediodía os termómetros non subiron dos 3º e pola noite nevou, o que onte deixou unha bonita estampa porque a cidade amaneceu pintada de branco. Por certo que é pouco fiable a información que ofrece sobre as estradas a Dirección General de Tráfico, e explícome. Onte ás catro e media da tarde a través de internet accedemos á paxina http://www.dgt.es/ e vemos que para vir a Ribadeo a través da N-640 (por Meira) non hai ningún tipo de problema para circular, pero ainda así chamamos ao teléfono de información que alí aparece e tampouco dan incidencias. Unha hora despois por esa estrada na zona de Marco de Álvare case era preciso circular con cadeas porque bastante neve e xeo na vía, pero o que non había era información a ese respecto. A temperatura era moi baixa e deducimos que a situación ainda se complicaría máis coa chegada da noite. Ademáis hai dúas semanas cando nevou por primeira vez pola zona tamén accedemos á páxina web en cuestión e levaban horas sen actualizar as informacións dos portos da provincia de Lugo. ¿Qué fixen ese día? Chamar á Garda Civil de Tráfico onde me deron a información correcta para viaxar entre Lugo e Ribadeo. Onte o problema é que non collían o teléfono ¡unha mágoa! Tamén había onte un temporal no mar impresionante. Na ría de Ribadeo a auga pasaba por enriba do espigón do peirao de Porcillán e os barcos movíanse que daba un pouco de medo, e as ondas no medio da ría eran espectaculares. Hoxe agardo voltar á zona para facer algunha foto e colgala aquí.

No hay comentarios: