16/12/08
ILUMINACIÓN NAVIDEÑA EN RIBADEO
Mellorou o tempo en Ribadeo e hoxe incluso saiu o sol ¡xa ía sendo hora!!!! As temperaturas ascenderon e parece que a neve deixou de ocasionar na montaña moitos problemas aos veciños ainda que as nevaradas da fin de semana foron impresionantes. Algúns dixeron que desde había 20 anos non vían nada igual. Estes están a ser días de bastante traballo en Faro Norte e tamén en Onda Cero na Mariña de aí que nos acheguemos pouco ao noso blog, pero seguimos aquí... eu esta tarde estiven de cursiño informático e despois pendente da xuntanza que están a manter no Concello de Ribadeo o alcalde e os vendedores ambulantes. Imaxino que nunhas horas se saberá si mañá volta o mercado semanal dos mércores ou si ainda seguen en folga. Polo demáis novidades poucas, bueno unha sí, que ten que ver con estas datas: en Ribadeo hoxe encenderon a iluminación navideña e presentóuse a programación que o Concello preparou para os máis pequenos e que comenza o vindeiro luns 22 de decembro, xa sabedes o día da saúde... xa queda menos para o sorteo da lotería de nadal. Sorte a todos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario