12/12/08

MERCADO SEMANAL DE RIBADEO

Vaia polémica se montou en Ribadeo estes días despois de que o mércores pasado non se celebrase o mercado semanal. Algúns dos vendedores ambulantes non queren pagar o que marca a ordenanza que regula este tipo de mercadiños... pero hai outros que sí o fan. Antes ao parecer alguén con ou sen intención non aplicaba esta normativa tal e como tiña que ser e claro agora montóuse todo este lío e todo apunta a que se vai prolongar durante uns días. Eu só vou dicir unha cousa: as normas, as ordenanzas, as leis e demáis están para que todo o mundo as cumpra e senón xa sabemos o que nos queda. Deberían ser os propios vendedores do mercado dos mércores que teñen ao día as súas contas co Concello os que lles digan aos infractores o que teñen que facer se queren seguir vendendo en Ribadeo, porque o que me parece ainda máis incrible é que sexan os que non pagan por todo o que ocupan os que marquen as normas e os que digan si se monta ou non se monta o mercado, si están ou non están en folga ou si montan outra das súas para sairen na foto. Tamén deberían ser os hostaleiros e os comerciantes de Ribadeo os que se mollasen ao respecto e lles explicasen a estes individuos que eles tamén pagan os seus impostos por traballar e que ilegalidades as xustas. E despois igual habería que entrar a analizar si as taxas que marca a ordenanza obxecto desta polémica son excesivas ou non, pero insisto, as leis e as ordenanzas están para ser cumpridas.

No hay comentarios: