O restaurante Figón, de Lugo, ten nova xerencia, que ten algo que ver (non sei exactamente canto nin como) co Paprica, o que é un dato positivo. Estivemos ceando alí con María José e Nuria o día 13 deste mes, mentras xogaban o Barça e o Madrid de fútbol) e non había ninguén máis no restaurante. O camareiro díxonos que os novos xerentes do establecemento son de "El Grove" e falounos de moitas máis cousas, incluso da cocción dos centolos. E iso que non nos coñecía de nada nin nós a el.
A carta é pequena, pero con platos orixinais e outros máis tradicionais, e ademais teñen moitas cousas fora de carta. Eu probei por primeira vez a cresta de galo, que iba como guarnición do sargo. E non lembro nada máis que mereza a pena salientar do restaurante lugués no que traballou o cociñeiro mariñán Miguel Vizoso, que despois estivo na Dorada (de Ribadeo).
Teremos que volver ó Figón para que poida contar aquí algo máis de como é agora este establecemento coa nova dirección.
21/12/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario