A pasada fin de semana disfrutamos das artes en Lugo. O venres estivemos na inauguración da exposición que ten o artista barreirense Celso Dourado no Museo Provincial. Invitados polo propio pintor asistimos ó acto de apertura oficial da mostra, que poderá visitarse ata o 4 de febreiro e merece moito a pena, sobre todo para os que aínda non coñecen a impresionante obra de Celso Dourado. Alí escoitamos ó dúo "Mini e Mero", que interpretaron un par de cancións, e saudamos a moitos amigos e coñecidos, como os xornalistas Ernesto Sánchez Pombo, Xesús Ponte e Camilo Friol; políticos, como o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o deputado provincial responsable de Cultura, Antonio Veiga, tamén barreirense e gran amigo de Celso Dourado. Tamén estivemos co presidente da cooperativa Os Irmandiños, José Sancosme, co xefe de Publicidade de El Progreso, Luis Barrio; coa avogada Ana Hermida, co deseñador gráfico David (de Gráficas Ribadeo, non me lembro agora do apelido), co cociñeiro Miguel Vizoso, entre outros lucenses e mariñáns.
O acto estivo ben e houbo moito público, o que demostra que Celso Dourado ten un gran poder de convocatoria.
12/1/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario