Despois de fracasar a fin de semana anterior, o sábado logramos cear no restaurante Los Bastones, que está na Travesía do Miño, no casco vello de Lugo. Mereceu a pena porque é un local bonito, restaurado con moito gusto e a atención do persoal é excelente. A comida tamén está ben, aínda que a maior parte dos platos son típicos de restaurante italiano. Pero, por sorte para min, tamén teñen outras cousas, como un bon xamón, ensaladas e carnes interesantes, como osobuco, que foi o que comín eu. De tódolos xeitos, o máis me gustou foi o postre: filloas recheas de froitas silvestres e bañadas con un pouco de chocolate.
A experiencia (compartida con Nuria, Pili e Vila) foi positiva, polo que repetiremos. Pero para a próxima tentaremos que nos poñan noutra mesa, porque nos tocou unha axeitada para os pitufos pero non para xente de máis altura como Vila, Pili e Nuria. Incluso Carmen e eu tiñamos que ter coidado para non dar coa cabeza contra as vigas do teito.
E despois da cea tomamos unha copa nunha cafetería-pub que está casi enfrente, un local no que xa estivéramos algunhas veces máis e que resulta interesante pola orixinalidade da decoración, formada por innumerables obxetos antiguos.
En definitiva, a zona da Tinería mellora pouco a pouco para convertirse nun dos atractivos da capital da provincia.
12/1/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario