22/1/09

NOVOS RESTAURANTES EN RIBADEO E BURELA

En Ribadeo i en Burela abriron recentemente dous novos restaurantes, que nos dous casos están en locais nos que xa houbo outros establecementos deste tipo.
Na vila ribadense refírome á Pulpería Serra, que rexenta Manolo (un cociñeiro moi coñecido en Ribadeo que nese mesmo local xa tivo hai anos o Mesón Rías). Hai uns días ceamos alí con Sonia e Miguel e comprobamos que o pulpo estaba ben preparado e o resto das racións que tomamos (croquetas e puntiñas de solomillo) tamén.
E onte, mércores, comemos en Burela, no novo restaurante que está no local que antiguamente ocupou a Zaranda e anos despois o Victoria Station. Agora chámase Tapiñas e necesita mellorar bastante. Está rexentado por xente moi xoven e moi amable, pero o comedor ten un problema importante, aínda que solucionable, que é o frío. O único sistema de calefacción que vimos era unha miniestufa eléctrica. Comemos sopa de peixe, que estaba boa, e despois eu tomei costela asada, que tiña bon sabor pero chegou á mesa basante fría, e Carmen decantouse por un filete de tenreira. O mellor foron as chulas que nos puxeron de postre (estaban exquisitas) e o prezo, porque pagamos menos de vinte euros en total.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro e que vas a Burela e non segues as miñas recomendacións para comer, ainda que sexan de oídas, por ese precio ou menos comias na parrillada Jandro, eu o dia que comín alí gustoume, que creo que ainda non probaches, e non te olvides da vinoteca do novo hotel Sargo, este último para probar ti porque non coñezo a ninguén que o probara ainda, para saber a ver que tal.

Anónimo dijo...

Buenas,
Soy Ismael, uno de los socios del Tapiñas, respecto al frío estamos haciendo lo posible por solventar eso, pero como sabemos los que empezamos de cero se nos hace todo cuesta arriba, el menú lo tenemos a 7,95€, trabajamos con pescado fresco y casi todo lo preparamos al momento, sentimos las molestias,
saludos

Anónimo dijo...

Bos dias, eu fun o restaurante tapiñas e comin moi ben, abundante, trato amable, as mellores vistas de burela e a temperatura sin problema, e polo precio que ten e imposible comer mellor