16/1/09
SEMANA TRANQUILA
A semana que está a piques de rematar foi bastante tranquila. Con moito traballo, con moito frío aínda en Ribadeo e con algunha viaxe "de negocios" a Foz. O frío e a gripe seguen a facer estragos, pero os últimos coñecidos que caeron xa se van recuperando. Mª Carmen, a nai de José Ramón, xa se atreveu a dar longos paseos ata o Cargadeiro e ata o faro e Fernando Hidalgo, o xefe de deportes de La Voz de Galicia, xa está traballando de novo tal e como puiden ver hoxe no artigo que publica na última do xornal. Agora hai que ter cuidado para non recaer. Eu esta semana comprobei que non estou en moi boa forma despois do nadal. Non fun á piscina nas festas e esta semana foi terrible... ata me doeron os brazos, o pescozo, vamos casi, casi o corpo enteiro. O luns agardo estar mellor. E a fin de semana depararanos baloncesto esta noite en Lugo e mañá estrea cinematográfica en Ribadeo. A película Os mortos van ás presas preestréase en Ribadeo no Cine Teatro nun acto ao que acudirán actores e actrices coma Neus Asensi, María Castro, Manuel Manquiña ou Antonio Durán "Morris". Beni e máis eu contamos asistir, ousexa que imaxino que o acto en cuestión dará para máis dun comentario neste blog e agardo que para máis dunha foto tamén. O domingo algo contaremos, seguro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario