8/5/09

CADA VEZ MELLOR

As xornadas gastronómicas do 80 aniversario dos Paradores de Turismo cada vez están mellor, polo menos no de Ribadeo, que é o que imos Carmen e máis eu con certa frecuencia. Como xa comentamos noutras ocasións, un dos oito platos da degustación cambia cada mes e ademáis pódese elexir entre varias comidas típicas de diferentes paradores. Pero tamén cambian de vez en cando os outros sete platos e os que teñen agora están moi ben.
Para os que lles gusta probar moitos platos nunha comida ou cea en plan degustación son moi interesantes estas xornadas, porque ademais resultan económicas (uns vinte euros por persoa, sin incluir as bebidas) e o servizo do Parador de Ribadeo é habitualmente moi bon.

No hay comentarios: