8/5/09

O NOVO CASA PEPE (1ª PARTE)

Estivemos comendo no novo restaurante parrillada Casa Pepe, de Ribadeo, que leva poucas semanas aberto onde antiguamente estivera o Piano Bar e despois o restaurante Illa Pancha. Foi o domingo pasado e estaba a tope de xente, pero o servizo foi bastante bon.
Era unha comida familiar con menú encargado previamente e o que máis me gustou foi o churrasco de xato e de porco, con chourizos criollos e roxos, ensalada e patacas fritas (que chegaron á mesa cando xa estabamos a piques de acabar de comer).
Antes tomamos pulpo, calamares fritos e croquetas. A min non me gustaron moito, ninguna das tres cousas, pero a verdade é que ese día eu non tiña fame nin o estómago moi predisposto para degustacións.
Volveremos outro día a Casa Pepe (con máis fame) e probaremos máis platos da carta para poder opinar con máis coñecemento e escribir a segunda parte deste comentario.
O que xa poido decir agora é que deberían mellorar o sistema de extracción de fumes.

No hay comentarios: