7/6/09

CASA GALAICA, DE O BARCO

En maio estivemos na comarca de Valdeorras, onde descubrimos dous sitios interesantes para comer. Dun deles, o Casa Galaica, voume ocupar neste comentario.
Está en pleno centro do Barco, ten unha decoración con moito gusto e orixinalidade e a cociña tamén é así: tradicional pero con toques de creatividade.
O Casa Galaica ten unha carta bastante extensa. De primeiro probamos as croquetas de xamón, que estaban boas, e un revolto de algas e gambas, que tamén nos gustou. Eu de segundo comín carrilleiras de xato ó viño mencía, plato que é unha das especialidades da casa con merecemento.
De postre tomei o que leva o nome do restaurante, que é moi espectacular e rico.
Gustoume moito o Casa Galaica, un sitio interesante porque a comida está boa e o servizo tamén.

No hay comentarios: