29/6/09

SIDRERÍA PIPO'S

Aínda que seguimos sin ter o tempo propio do verán, xa empezou a tempada estival nesta zona e nótase a presencia de bastantes turistas e tamén de veraneantes habituais, polo menos en Ribadeo.
Pero o noso verán, polo menos no aspecto gastronómico, empeza tódolos anos con unha visita á Sidrería Pipo's, un establecemento que parece un chiringuito de praia (está casi enriba do areal de Lóngara, en Barreiros) pero que ofrece unha comida propia dun restaurante de primeiro nivel a prezos razonables.
Nesta ocasión fomos a cear e tomamos berberechos ó vapor, calamares fritos e chourizo á sidra. Todo moi rico e abundante e coa magnifica atención que sempre recibimos na Pipo's, incluso esos días nos que está a tope e hai cola para conseguir mesa, que son moitos durante o verán, sobre todo en agosto.
A Pipo's é un sitio que nos encanta, pero ten un defecto: non admiten reservas. Nada é perfecto. Pero polo demáis merece moito a pena.

No hay comentarios: