6/7/09

O TEMPO GUSTA ÓS QUE PROBAN

Estivemos por segunda vez na zona de restaurante do Tempo, en Lugo, nesta ocasión con dúas amigas que ían por primeira vez (Nuria, que celebraba o seu cumpreanos, e María José) e gustoulles.
De primeiro comemos outra vez o surtido de tomates con anchoas e probamos as bolsiñas de froitos de mar, con pataca e mango, que estaba rico, aínda que non hai bolsiñas por ningún lado, nin falta que fan.
De segundo eu tomei bacallau ó pil-pil con tirabeques (creo que foi a primeira vez que comín este producto da horta que se parece ás xudías e os guisantes, pero non é ningunha das dúas cousas) e esparragos trigueiros. Estaba moi bon, porque era bacallau de calidade e tiña o punto exacto de sal que me gusta a min, que evidentemente é nin pouco nin moito.
De postre tomei un milfollas de froitos do bosque, que non estaba mal, pero no Tempo hainos mellores, aínda que non teñen os que poñen na carta.
E de viño, escollín un ribeiro Antonio Montero, que estaba impresionante.
Na sobremesa chegamos a conclusión de que o restaurante Tempo necesita promocionarse porque aínda é moi pouco coñecido e ademáis a imaxen que teñen algúns non responde á realidade. Creo que estes son os principais motivos polos que ten pouco clientela. Ten fama de ser un sitio carísimo, só apto para ricos, o que non é certo. Tampouco é barato, pero en Lugo (capital e provincia) hai moitos restaurantes con prezos máis elevados. Na miña opinión ten unha boa relación calidade-prezo, pero debería abrirse a máis tipo de público, para o que non estaría mal que fixeran xornadas gastronómicas de productos asequibles e que as anunciasen nos medios de comunicación dando a coñecer os prezos. É unha suxerencia.

No hay comentarios: