3/2/10

CITAS PENDENTES

Temos un montón de citas pendentes, todas nos apetecen un montón, pero imos ter unhas fins de semana terribles nos vindeiros meses si nada de complica, claro. Hai unha cea e unhas copas pendentes na Coruña con Cruz e con Fernando, hai unha celebración especial en Jiménez de Jamuz (Zamora) con Pili e Juan, hai outra cea e outras copas pendentes en Santiago con Carlos e algún ou algunha máis que se sumará e hai unha visita pendente a Madrid porque Arévalo cada vez que falo con él lémbramo. ¿Cómo imos facer? Pois ainda non o sei. Pouco a pouco e planificando sobre a marcha porque ademáis na Coruña e en Madrid temos máis amistades e familia que visitar e en 24 horas nun caso e en 48 noutro non da moito tempo. Como di un moi bó anuncio de Gadis "malo será". E encima xa temos aí o antroido, as festas de San Xosé nas Gándaras e a semana santa. Tentaremos facer toda esta ruta da que despois xa iremos dando conta aquí.

No hay comentarios: