9/2/10

ENCONTROS NA RÚA

Beni segue a decir que ten cousas pendentes que escribir aquí, pero non da feito e dime a min que escriba eu. Entón contarei da pasada fin de semana que estivemos, coma sempre, en Lugo. O venres por motivos laborais xa chegamos preto da cea e aproveitamos para ver ao Breogán pola televisión. Os lugueses perderon contra o Melilla. Ás veces penso que os xogadores cren que en Lugo non os estamos a ver cando xogan fora, porque non hai cor entre os partidos da casa e os que disputan nas outras canchas. ¡Ah!!! Sí que hai algo similar, que o adestrador só pide os tempos mortos cando xa non queda remedio para cambiar o discorrir do partido. Unha mágoa, pero así non ascendemos nunca. A verdade tampouco sei si desde o clube queren que o equipo volte á ACB. O sábado adicámolo a facer diversas compras, entre elas, os disfraces deste ano, pero disto non debo contar máis. Polas rúas de Lugo atopamos o sábado a Juan Soto, coñecido periodista lugués, que agora escribe no ABC e con él falamos bastante da profesión que nos une e que non está a atravesar por un dos seus mellores momentos. A culpa é da crise. Tamén nos encontramos cun ex compañeiro e bó amigo, Daniel Portela, un dos mellores técnicos de radio que coñezo e que sigue a traballar en Radiovoz Lugo, a que foi a miña casa durante uns cantos anos. E nunha grande superficie comercial de Lugo coincidín co presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que facía a compra xunto a parte da súa familia. Estivemos na mesma cola e o home, moi amable, ata me deixaba pasar diante para non estar agardando. Quedei agradecida, pero esperei o meu turno. Non é a primeira vez que o vexo durante a fin de semana de compras ou de paseo por diversos lugares de Lugo facendo vida normal. Hai outros moitos aos que non me atopei ou non me atopo nunca pola rúa, supoño que fuxen buscando un pouco de calma ¿non?.

No hay comentarios: