24/3/10
FESTA DOS PEPES E DAS PEPAS
Pasou a ponte de San Xosé e xa temos aí a Semana Santa á volta de esquina. O venres tivemos comida familiar na casa dos Mántaras, porque don Pepe estaba de santo e despois marchamos para Lugo a tentar disfrutar das festas do meu barrio. Ao final temos que confesar que non pisamos o campo da festa, o venres porque tiñamos sono, o sábado a mediodía porque chovía e pola noite porque nos liamos de festa con Mª José e o domingo xa non había tempo para nada. Comidas familiares houbo na casa e no Terras do Miño o domingo e aos 10 que fomos gustóunos moito. O sábado pola tarde estivemos tomando café en casa de Nuria, súa nai fixo unha tarta de noces que estaba riquísima ao igual que o licor café. Despois marchamos a ver ao Breogán que xogaba contra o Vigo e que gañou ainda que xogando bastante mal e pola noite cea coa Pepa. Estivemos no Aromas de Dakar, que xestiona tamén o Grupo La Palloza, e tomamos un xamón e uns arroces que estaban moi bós. Haberá que repetir. E o domingo para rematar a fin de semana de festa pola noite ceamos con Sonia, Miguel, Alfonso, Julia e os nenos e logo copichuela no Pica. Fin de semana redonda, vamos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario