24/3/10

TEMPO DE PASEOS

Hai algúns que o toman moi en serio coma Miguel, que se está a poñer en plena forma, camiñando a bó paso máis dunha hora ao día. Beni e máis eu saimos a airearnos cando vai bó tempo. O luns estivemos preto do faro de Ribadeo dando unha volta e alí vimos a embarcación de salvamento que está asignada á costa de Lugo. E hoxe voltamos ao faro, pero xa demos un paseo máis larguiño e disfrutamos das cores do mar petando nas rochas. Tiña un tono verde precioso e ademáis eran moitos os que aproveitaban a tarde para pescar e para sair camiñar. Para mañá dan auga, pero a semana próxima repetiremos sempre e cando o tempo o permita. Hoxe pola noite toca piscina e onte pola tarde clase de inglés. ¡Vida axetreada a que levamos de vez en cando!

No hay comentarios: