31/3/10

A NOVA BARRA GUSTOUNOS

Por segunda vez fun cear ó restaurante La Barra, de Lugo, que ten nova (por recente e pola xuventude dos propietarios) dirección e gustoume máis que na ocasión anterior que estivera alí, no ano 2007, sobre todo porque nos atenderon mellor.
Nuria, Carmen e eu compartimos de primeiro unha ración de cachucha prensada e outra de zamburiñas. De segundo eu comín mero á plancha e de postre tomei piña natural. Todo estaba ben preparado, cociñado tradicionalmente, sabroso e ben presentado.
O trato do persoal foi moi bon e incluso nos invitaron á copa que tomamos despois do café.
Por todo isto e porque os prezos son razonables voltaremos, espero que pronto, ó restaurante La Barra, de Lugo.
Por certo, antes de cear atopámonos na barra de La Barra co coñecido xornalista lucense Arcadio Silvosa (Ser, Efe, El País, etc.), con quen charlamos un rato e comprobamos que é un cliente habitual dese establecemento, pola familiaridade coa que falaba co personal.

No hay comentarios: