30/3/10

O TEMPO CONSOLÍDASE

Xa hai uns cantos meses comentábamos que o restaurante Tempo, de Lugo, estaba incrementando a súa clientela, pero as últimas veces que fumos cear alí comprobamos que agora está subindo como a espuma. Estivemos nas xornadas do marisco que fixo conxuntamente co Tira do Cordel, de Fisterra, e había bastante xente. Nesa ocasión comín coquina por terceira vez na miña vida (a primeira foi hai moitos anos no Vicedo e a segunda en setembro do ano pasado en Sanlúcar de Barrameda) e gustounos, igual que o resto do marisco e peixe que tomamos.
Tamén estivemos ceando no Tempo no día do meu santo e véspera de San Valentín e case nos quedamos sin mesa porque non tiñamos reserva (a diferencia do que facemos habitualmente, pero ese día decidímolo no último momento) e había moita xente.
Creo que o restaurante Tempo, de Lugo, se está consolidando porque a maioría dos que van a primeira vez repiten e levan máis xente. Un dos motivos pode ser que é dos poucos establecementos da capital da provincia nos que se pode comer bon peixe e ben preparado a prezos razonables. Ademáis últimamente fan xornadas de diferentes productos, o que sempre atrae á xente, e o servizo é cada vez mellor. E despois de cear podes tomar tranquilamente unha copa preparada con esmero no "lounge", que está no sótano do Tempo.

No hay comentarios: