24/3/10
UNHA DE PIRULETAS
Onte martes Sonia estaba de cumpreanos e entón tocou cea na súa casa. Alí estivemos once dándolle á sen óso e comendo copiosamente... a cea estaba moi boa, sería porque foi preparada pola homenaxeada e a verdade é que se esmerou. E despois chegaron as famosas piruletas. Así lle chamamos a unha copa que descubrimos hai unhas semanas en Lugo feita con vodka vermello e kas de laranxa. Baixa moi ben porque non sabe nada a alcohol, pero tamén se sube ben. Outros preferimos licor de herbas que tamén estaba perfecto e entre unhas cousas e outras déunos a unha da mañá. O peor foi levantarse hoxe para traballar, pero os cumpreanos hai que celebralos ¿non? Así soplaba Sonia as súas velas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario