13/10/10

PARAXE MAGNÍFICA

Máis dun mes sen escribir esto non pode ser. Pasaron as festas de Ribadeo e tamén as do San Froilán. Éste foi un mes de bastante traballo, aínda en setembro ata case finais houbo tempo de praia. Fantástico ir ás praias e telas prácticamente para unha soa. Percorrín varias desde Reinante ata Coto. O son do mar maravilloso, unha sempre precisa de momentos así de relax, de calma, de tranquilidade. Foi pasando o mes e celebramos o cumpreanos dos Mántaras, o de Pepe primeiro e o de Beni despois. Entre comidas familiares na casa e en restaurantes como La Barra ou Terras de Miño case, case non demos feito. Agora veu o San Froilán e tentamos evitar as aglomeracións e lográmolo agás o día 9 que ceamos na caseta de Parrillada de Antonio, pero aínda así estivo moi ben. Polas inmediacións saudei a Arsenio Coto, amigo e compañeiro de profesión que despois de moitos anos en TVE agora traballa en El Progreso en Lugo. E o mesmo día 9 iniciamos temporada baloncestística en Lugo, porque Beni e máis eu xa viramos ao Breogán en Burela. En Burela gañaron, pero en Lugo non puido ser. Non hai que desanimarse que o calendario que ven parece, a priori, sinxelo. E aquí deixo a foto dunha paraxe que atopamos onte, despois de preguntarnos moitas veces por él e sobre todo cómo chegar a ese lugar. É a praia de Os Fondás, aínda que había marea baixa mereceu a pena dar con ela. Agardamos repetir no verán.

No hay comentarios: