19/1/11

O MAR NO INVERNO

Tarde para facer recados a deste mércores e para ver o mar, estaba precioso. Deixo esta foto da praia de A Rapadoira (Foz)de hoxe ás cinco da tarde. O areal vacío, tres persoas paseando polo espigón e moitas disfrutando da natureza e do bó tempo entre Foz e Llás. E unha recomendación, os areais deberían estar limpos, cos paseos en perfectas condicións e con papeleiras e contedores preparados para tirar o lixo. Hai traballos que deberían facerse todo o ano, con moita menos frecuencia que no verán está claro, pero deberíamos contar cun mínimo mantemento dos areais en toda a costa luguesa. Houbo cousas que vin esta tarde entre Foz e Ribadeo que non me gustaron.

No hay comentarios: