14/5/13

A RIBADEO, DE TAPEO

A oitava edición do Ribadeo de tapeo leva catro días e medio e a vila xa estivo a tope de xente durante a fin de semana. Un ano máis esta cita gastronómica está a ser un éxito, algo que se agradece desde a poboación en xeral, porque así hai unha excusa de peso para sair tomar un viño e unha tapa polo pobo e desde os locais participantes, porque seguimos en tempada baixa e todo o que se organice e mova xente benvido será. Son 55 mesóns, bares e restaurantes os que participan e os que aínda non viñéstedes por Ribadeo podedes facelo ata o vindeiro domingo, 19 de maio. Eu xa probei as seguintes: Costa Verde, Alén, Bouza, Lar de Manolo, La Mirandilla, Parador de Turismo, Mediante, La Bugalla... Hai dúas destas que destacan sobre as outras, pero non vou dicir nada ata ver si estarán entre as finalistas. Estes días sairemos a probar outras poucas, a 55 non imos chegar, pero facemos o que podemos. Ánimo a todos os participantes porque o esforzo, o esmero e a perseverencia farán que o traballo sexa recoñecido. E animar a ribadenses e visitantes a disfrutar do Ribadeo de tapeo, merece a pena.

No hay comentarios: